Características
Como unha xigante folla de carballo, crece nas costas de Galicia e pode medir 1,5 m. Rica
en calcio, iodo, proteínas e fibra, é unha das máis apropiadas para consumir crúa en ensaladas,
e para se iniciar na cociña con algas, pola súa gran versatilidade: en sopas, arroz, con outras verduras,
ó forno, simplemente fervida, en recheos de empanadas,
etc.
Preparación
- Crúa: engadir a ensaladas (cortar e poñer en remollo 15 minutos)
- Cociñada: Ferver 20 minutos con sopa, verduras, patacas, arroz, avea, millo, polenta, sémola, etc. Tamén
sofrita con cebola para pasta, empanadas, pizzas,quiches, etc
- Ó vapor: Deliciosa como acompañante de verduras.
Alga atlántica silvestre de augas fondas e fino sabor. Rica en proteínas de alta dixestibilidade,
sales minerais (excepcional aporte de calcio), magnesio, fósforo, iodo e fibra.

